Friday 03 de May de 2024

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria do CPI Ponte Carreira entréganlle aos Paxes Reais as súas cartas para os Reis Magos


Os nenos e nenas de Infantil e de Primaria do CPI de Ponte Carreira recibiron a visita dos Paxes Reais, a quen entregaron as súas cartas para os Reis Magos. Unha visita coa que se inicia o programa especial de Nadal do Concello de Frades e que culminará o 4 de xaneiro coa tradicional cabalgata e festa de Reis.

Para este venres 23 de decembro queda a Gran Festa de Nadal, a partir das 16:00 horas, coa actuación especial de “A Gramola Gominola”, un grupo de rock que interpreta música infantil en galego pensado para as máis pequenas e pequenos da casa. Unha gran festa gratuíta con música, mascota, xogos, obradoiros de Nadal e a visita de Papa Noel á que están convidados todos os nenos e nenas de Frades. A festa pecharase cunha gran chocolatada por cortesía da ANPA do CPI Ponte Carreira.